|
|
Revisión de portafolios de ilustración
Pazo de Congresos de Pontevedra ● O 18/03 as 19:00 horas
Dentro das actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a AGPI organiza unha sesión de revisión de portafolios de ilustración ao cargo de dous recoñecidos profesionais do sector: Jacobo Fernández e Marc Taeger
De forma gratuíta, calquera persoa interesada (profesionais, afeccionados ou estudantes, e tanto socios como non socios da AGPI) pode achegarse polo salón de actos do Pazo da Congresos co seu portafolio para recibir a opinión destes dous profesionais de primeiro nivel. Deste xeito, os participantes poderán definir mellor a súa «tarxeta de presentación», a súa selección de traballos, de cara a conseguir optimizar a presentación da súa obra en entrevistas con editores e outros clientes.
|
|
|
Curso Agpi: o entintado
CSC O Ensanche Santiago de Compostela ● O 6/04
Xa está preparado o seguinte Curso Agpi, no que o relator convidado será José Luis Ágreda, ilustrador e debuxante de BD que colabora con asiduidade co xornal El País ou o semanario de humor El Jueves.
Nesta ocasión o curso versará sobre o entintado, tanto tradicional como dixital. O noso convidado explicaranos os seus procesos de creación manual, e tamén o uso das ferramentas máis avanzadas, como os programas Sketchbook Pro ou o Manga Studio.
Terá lugar no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago de Compostela o vindeiro día 6 de abril.
Podedes atopar toda a información sobre este evento na web dos cursos Agpi, e preinscribiros no mesmo cubrindo este formulario.
Ademáis estamos facendo todos os preparativos para levar a cabo nesa mesma data unha nova convocatoria do IlustraNoite: unha serie de rápidas presentacións das obras de varios ilustradores da zona. Podedes ver unhas fotos do anterior no noso Flikr.
|
|
|
Exposición Salón do Libro 2013
Pazo de Congresos de Pontevedra ● Ata o 23/03.
A pasada semana deron comezo as actividades do
XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, é entre elas a exposición de varios dos nosos socios titulada «Parafusos, alambiques e birleques» que estará aberta ao público ata o 23 de marzo.
Unha escolma de 16 ilustradores da Agpi representan nas obras expostas a súa particular visión das máquinas. Se non podedes asistir en directo á exposición, pasádevos pola súa versión online.
Para visitala en vivo podedes acudir ao Pazo da Cultura, de luns a venres de 16:30 a 21:00 horas. Os sábados tamén abren de 11:00 e as 14:00 horas, ademáis de polas tardes, e os domingo só abrirán en horario matinal.
|
|
|
Ferías e Congresos
Feria de Bolonia
Do 25 ao 28 marzo ● Centro de exposiciones de Bolonia
Este ano a Bologna Children's Book Fair, o evento europeo máis relevante na panorama da ilustración infantil e xuvenil, cumpre 50 anos. Os profesionais e afeccionados da ilustración tendes unha razón máis para acudir a esta cita imprescindible.
Máis información
31 Salón del Cómic de Barcelona
Do 11 ao 14 de abril ● Fira de Barcelona Montjuïc
Unha primavera máis podedes disfrutar do evento de BD de máis importancia no noso páis. Os interesados en concertar entrevistas profesionais non perdades de vista este enlace, onde se vos explicará o procedimento.
Máis información
ILUSTRAFIC
Do 19 ao 21 de junio ● Facultade de BBAA de San Carlos
O Ilustrafic é o I Congreso de Ilustración de Valencia, un evento bianual que xorde coa vocación de xerar un espazo de reflexión sobre a imaxe e a cultura visual nas súas diferentes aplicacións.
Máis información
|
|
|
Cursos e Obradoiros
Taller de BD e ilustración de Sergio Covelo
Os luns ás 17:00 h ● Avenida Atlántida 32 (Bouzas), Vigo
Todos os luns pola tarde Sergio Covelo impartirá clases de cómic e ilustración no Taller Zoográfico.
Al partir de 8 anos.
Máis información
Deseño gráfico de Apps para dispositivos
Do 12 ao 14 de abril ● Fundación Luis Seoane, A Coruña
Aprende a entender o proceso de creación dunha App dende o ámbito do deseño de produto e do deseño gráfico. Sen a necesidade de ser programadores, aprenderemos a deseñar aplicacións con ‘efecto wow’ que teña éxito entre os usuarios.
Máis información
Obradoiro de BD por Santy Gutiérrez
O 25 e 26 de abril ● Biblioteca Municipal Central, Cambre
Obradoiro de rudimentos básicos da banda deseñada para os estudiantes de secundaria, dende a traslación do guión á paxina ata o deseño de personaxes e uso de planos, encadres, secuencias, onomatopeias...
Edición anterior do obradoiro
|
|
|
Actividades e Presentacións
NOCTURNIA Programa de Ocio Alternativo
Do 01/03 ata o 08/06 ● Varias localizacións, A Coruña
Programa de ocio para a mocidade da Concellaría de Xuventude do Concello da Coruña que ofrece actividades gratuítas para os mozos/as de 12 a 30 anos. Son actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, recreativas, etc.
Máis información
Charla de Guitián en Belas Artes
O 21/03 ás 12:30h ● Facultade de BBAA de Pontevedra
Alberto Guitián fala das súas experiencias profesionaís como ilustrador. O acto está inscrito no ciclo de charlas "De promesa a realidade", adicado ás diversas saídas profesionaís dos estudantes de belas artes.
|
|
|
Mostras e Exposicións
Debuxos de iPad
Campus Stellae, Santiago de Compostela
Debuxos varios saídos do lapis dixital de Mariano Casas. Unha auténtica inmersión en 16 millóns de cores.
Retorno ao salvaxe
Ata o 26/05 ● Fundación Granell, Santiago de Compostela
O artista brasileiro Sérgio Lima reúne varias das súas series de deseños, colaxes e debuxos que xiran en torno á temática do corpo feminino e da súa erótica implícita.
Exposición en La Goleta / Miki
O 21/03 as 20:30h ● C/ Luis Taboada, Vigo
Durante a inaguruación sortearase entre os consumidores unha ilustración dixital realizada en directo. Música por Carycar Djs (Indie/pop/rock). Entrada de balde.
Luis Seoane. Murais
Ata o 16/06 ● Fundación Luis Seoane, A Coruña
62 esbozos preparatorios, 75 fotografías da época que mostran o artista traballando nas obras e o resultado final destas, e 44 fotografías que documentan o estado actual dalgúns deses murais.
|
|
|
|
|
| |